Pregunta para Parlamento de Galicia

As persoas LGTBIQ+ non teriamos que saír do armario porque ninguén debería dar por feito a nosa expresión, orientación ou identidade sexual e de xénero. Cando se abordará unha educación diversa que visibilice ao colectivo?

64 pertsonak babestu dute
64 de500 Apoyos
Galiza en pé Pregunta de Galiza en pé

O meu nome é Adriana e vivo en Rianxo, A Coruña. As últimas agresións a persoas LGTBIQ+ e moi en especial o asasinato de Samuel causou moita empatía e frustración entre as persoas pertencentes ou próximas ao colectivo. Todes algunha vez sufrimos algún tipo de discriminación pola nosa expresión, orientación ou identidade sexual e de xénero. Todes tivemos que “saír do armario” porque socialmente dáse por feito que tes que ser unha persoa cisxénero e heterosexual. Cando se abordará desde os centros educativos un ensino diverso que visibilice ao colectivo LGTBIQ+? 

Queremos que desde pequenes todes os nenos, nenas ou nenes aprendan valores como a tolerancia e o respecto. Se visibilizamos e normalizamos ao colectivo desde as escolas, cando es máis pequenes medren nin sequera terán que “saír do armario” nos seus círculos sociais porque todo o mundo asumirá con normalidade que calquera persoa pode sentirse atraída por alguén do seu mesmo xénero ou ser dun xénero distinto ao que lle asignaron ao nacer. Se tentamos erradicar o problema desde a base as persoas LGTBIQ+ terían moitas máis facilidades á hora de mostrarse tal e como son. 

Son moites es nenos, nenas e nenes que sofren acoso escolar por mostrarse tal e como son. Moitas veces enfróntanse a insultos ou burlas sobre a súa orientación sexual cando aínda nin elus mesmes a coñecen realmente. Creo que habería que ampliar os protocolos de actuación nestes casos. Estamos a falar de idades moi curtas. Algunhes mesmo non poden soportar a presión e deciden acabar coa súa vida. A saúde mental na infancia tamén é importante e debido aos prexuízos e estigmas que aínda existen sobre o colectivo, moites deben de enfrontarse a problemas de saúde mental graves.

Ante todo, pedimos e necesitamos respecto. Non podemos saír á rúa con medo a que nos agridan verbalmente ou nos dean unha malleira. Están a matarnos e ninguén fai nada. Todo o que fagamos deixando fóra ao sistema educativo converterase nun parche para tapar o verdadeiro problema: vivimos nunha sociedade cunha mentalidade desfasada e anacrónica. Isto ocorre porque ata fai moi pouco ser abertamente parte do colectivo LGTBIQ+ era considerado inapropiado e mesmo ilegal. De feito, ségueo sendo en cantidade de países. 

Non podemos deixar que nos quiten os dereitos que tanto nos custou conseguir. Non debemos consentir quedarnos á marxe das políticas públicas. Actualmente tan só un 38% de persoas LGTBIQ+ o son abertamente dentro da súa contorna laboral. Seguimos tendo medo a ser despedides pola nosa expresión, orientación ou identidade sexual e de xénero. No caso das mulleres trans a situación é dobremente discriminatoria, por ser trans e por ser mulleres. 

Por isto, creo necesario vixiar con lupa ás empresas nas que haxa indicios de discriminación. Todas aquelas que incumpran a normativa deberían de ser sancionadas e sinaladas para que ningunha outra persoa volva pasar por unha situación laboral desagradable. 

As persoas LGTBIQ+ non teriamos que saír do armario porque ninguén debería dar por feito que somos cis-hetero. É inxusto que teñamos que pasar por todo un proceso para descubrir quen somos porque de súpeto dámonos conta de que non somos como todo o mundo espera que sexamos. 

En definitiva, quero dirixirme ao Parlamento de Galiza parza esixir máis protección para as persoas do colectivo LGTBIQ+. Queremos leis que nos protexan en todos os ámbitos da nosa vida e ferramentas educativas que axuden a acabar coa discriminación e os discursos de odio.

CASTELLANO:

Las personas LGTBIQ+ no tendríamos que salir del armario porque nadie debería dar por hecho nuestra expresión, orientación o identidad sexual y de género. ¿Cuándo se abordará una educación diversa que visibilice al colectivo?

Mi nombre es Adriana y vivo en Rianxo, A Coruña. Las últimas agresiones a personas LGTBIQ+ y muy en especial el asesinato del joven Samuel ha causado mucha empatía y frustración entre las personas pertenecientes o cercanas al colectivo. Todes alguna vez hemos sufrido algún tipo de discriminación por nuestra expresión, orientación o identidad sexual y de género. Todes hemos tenido que “salir del armario” porque socialmente se da por hecho que tienes que ser una persona cisgénero y heterosexual. ¿Cuándo se abordará desde los centros educativos una enseñanza diversa que visibilice al colectivo LGTBIQ+?

Queremos que desde pequeñes todes los niños, niñas o niñes aprendan valores como la tolerancia y el respeto. Si visibilizamos y normalizamos al colectivo desde las escuelas, cuando les más pequeñes crezcan ni siquiera tendrán que “salir del armario” en sus círculos sociales porque todo el mundo asumirá con normalidad que cualquier persona puede sentirse atraída por alguien de su mismo género o tener un género distinto al que le asignaron al nacer. Si intentamos erradicar el problema desde la base las personas LGTBIQ+ tendrían muchas más facilidades a la hora de mostrarse tal y como son. 

Son muches les niños, niñas y niñes que sufren acoso escolar por mostrarse tal y como son. Muchas veces se enfrentan a insultos o burlas sobre su orientación sexual cuando todavía ni elles mismes la conocen realmente. Creo que habría que ampliar los protocolos de actuación en estos casos. Estamos hablando de edades muy cortas. Algunes incluso no pueden soportar la presión y deciden acabar con su vida. La salud mental en la infancia también es importante y debido a los prejuicios y estigmas que todavía existen sobre el colectivo, muches deben de enfrentarse a problemas de salud mental graves.

Ante todo, pedimos y necesitamos respeto. No podemos salir a la calle con miedo a que nos agredan verbalmente o nos den una paliza. Nos están matando y nadie hace nada. Todo lo que hagamos dejando fuera al sistema educativo se convertirá en un parche para tapar el verdadero problema: vivimos en una sociedad con una mentalidad desfasada y anacrónica. Esto ocurre porque hasta hace muy poco ser abiertamente parte del colectivo LGTBIQ+ era considerado inapropiado e incluso ilegal. De hecho, lo sigue siendo en cantidad de países. 

No podemos dejar que nos quiten los derechos que tanto nos ha costado conseguir. No debemos consentir quedarnos al margen de las políticas públicas. Actualmente tan solo un 38% de personas LGTBIQ+ lo son abiertamente dentro de su entorno laboral. Seguimos teniendo miedo a ser despedides por nuestra expresión, orientación o identidad sexual y de género. En el caso de las mujeres trans la situación es doblemente discriminatoria, por ser trans y por ser mujeres. 

Por esto, creo necesario vigilar con lupa a las empresas en las que haya indicios de discriminación. Todas aquellas que incumplan la normativa deberían de ser sancionadas y señaladas para que ninguna otra persona vuelva a pasar por una situación laboral desagradable. 

Las personas LGTBIQ+ no tendríamos que salir del armario porque nadie debería dar por hecho que somos cis-hetero. Es injusto que tengamos que pasar por todo un proceso para descubrir quienes somos porque de repente nos damos cuenta de que no somos como todo el mundo espera que seamos. 

En definitiva, quiero dirigirme al Parlamento de Galiza para exigir más protección para las personas del colectivo LGTBIQ+. Queremos leyes que nos protejan en todos los ámbitos de nuestra vida y herramientas educativas que ayuden a acabar con la discriminación y los discursos de odio.

 

64 pertsonak babestu dute
64 de500 Apoyos
Pregunta dirigida a: Parlamento de Galicia
En Marea

En Marea

516 Babesak Politikariak

Galdetu

13085 Babesak Politikariak

Galdetu

BNG

516 Babesak Politikariak

Galdetu