Chus Garrote

Tenente de Alcalde do Concello de Pontearas (PSdeG-PSOE)
Ratio de compromiso
100%
1 Preguntas 1 Respuestas
Apoyos necesarios
50

Pregunta a Chus Garrote

50 apoyos necesarios.

Biografía

O meu nome é Chus Garrote e preséntome como candidata á alcaldía de Ponteareas. Nacín un 26 de xaneiro de 1973 e son nai de dous fillos. A miña vida estivo ligada profesionalmente á dirección dunha PYME, concretamente do sector da hostalería, durante máis de 23 anos.

Cunha ocupación laboral, decidín adentrarme na Universidade  conseguindo o acceso a Licenciatura de Ciencias Políticas na UNED.  Ademais, levo participando activamente en movementos asociativos,  formando parte  actualmente da dirección da  FANPO (federación de ANPAS de Ponteareas), onde me permitiron levar a práctica aqueles ideais nos que eu máis creo, traballando sempre cos veciños e para os veciños de Ponteareas. 

Hai 12 anos decidín dar un paso adiante e afiliarme ao Partido Socialista en Ponteareas, desenvolvendo a miña actividade política na Agrupación de Ponteareas onde ocupei cargos de responsabilidade. A nivel institucional son Concelleira do Grupo Municipal Socialista e, na actualidade, son a voceira municipal do PSOE.