O meu nome é Chus Garrote e preséntome como candidata á alcaldía de Ponteareas. Nacín un 26 de xaneiro de 1973 e son nai de dous fillos. A miña vida estivo ligada profesionalmente á dirección dunha PYME, concretamente do sector da hostalería, durante máis de 23 anos.
Cunha ocupación laboral, decidín adentrarme na Universidade conseguindo o acceso a Licenciatura de Ciencias Políticas na UNED. Ademais, levo participando activamente en movementos asociativos, formando parte actualmente da dirección da FANPO (federación de ANPAS de Ponteareas), onde me permitiron levar a práctica aqueles ideais nos que eu máis creo, traballando sempre cos veciños e para os veciños de Ponteareas.
Hai 12 anos decidín dar un paso adiante e afiliarme ao Partido Socialista en Ponteareas, desenvolvendo a miña actividade política na Agrupación de Ponteareas onde ocupei cargos de responsabilidade. A nivel institucional son Concelleira do Grupo Municipal Socialista e, na actualidade, son a voceira municipal do PSOE.
Doy mi consentimiento para compartir mi nombre y dirección electrónica con xx, a fin de estar informado/a sobre esta campaña y otras. Ver la política de privacidad de xx.