¿No es sancionable la postura de algunos medios ultraderechistas?
No hay más respuestas a la pregunta
Rosana Pérez Fernández

¿No es sancionable la postura de algunos medios ultraderechistas?


Prezado José:

A actuación de moitos medios de comunicación (e non só escritos) en relación co asasinato do afeccionado do Dépor, Javier Romero Taboada, entendo que foi absolutamente criticábel e, dende logo, orientada a facerlle ver os feitos ocorridos á opinión pública dun xeito moi pouco obxectivo e, pola contra, totalmente tendencionso.

O código deontolóxico xornalístico, neste caso e noutros moitos, quedou en simple papel mollado e os principios de informar veraz e exactamente e, sobre todo, de difundir e defender os dereitos e deberes persoais e colectivos non se tiveron en conta en ningún momento. O tratamento mediático do asasinato que se producíu en Madrid o pasado 30 de novembro foi, en moitos casos, parcial e moi pouco axustado á realidade. Limitáronse, dende o principio, a criticar e, o que é peor, a xulgar á vítima. A xulgala polos seus antecedentes, ao seu parecer "pouco respetábeis". Convertíronse en opinadores e deixaron de ser informadores cando, por exemplo, nada se dixo do asasino ou asasinos, ao parecer membros do Frente Atlético, coñecido pola súa ideoloxía e práctica neonazi e polas súas brutais actuacións.

Descoñezo si legalmente esos medios poden ser sancionados e sei que a liberdade de expresión é un dos bens máis prezados de calquera estado de dereito. Agora ben, entendo que a información, toda, débese proporcionar do xeito máis profesional posíbel e, neste caso, lamento que non fora así por parte de moitos medios de comunicación que, cando menos, deberan sí ser sancionados polos seus propios lectores e lectoras. Creo que a liberdade de expresión non pode ser o paraugas onde se cobixen toda sorte de opinións malintencionadas e manipuladoras e que, fronte ao amarillismo e o sensacionalismo, debe primar a ética e o dereito á unha información veraz e obxectiva.

O obxectivo imediato de producir novas e de vender máis periódicos non pode estar por enriba de todo.

Moitas grazas polo seu interés e agardo terlle respostado. Saúdos cordiais

 

 

 


 Compartir
Rosana Pérez Fernández
 Pregunta ¿No es sancionable la postura de algunos medios ultraderechistas?

ABC, La Razón y La Gaceta, entre otros, han mancillado el nombre de Javier Romero Taboada, afirmando arbitrariamente que tenía la mentalidad de un niño de 12 años. Estos medios lo citan como Jimmy, dejando a un lado su nombre real. Se centran en su figura, haciendo afirmaciones que tienen la clara intención de dañar su imagen. ¿Es que la prensa no debe tener ningún control? ¿Ningún tipo de sanciones? ¿Todo es libre?

Enviada por
Usuario Anónimo Usuario Anónimo
50 de 50 Apoyos
03.12.2014

Únete a Osoigo

¿Eres político y estás interesado en participar en Osoigo?

Contacta con nosotros