¿No cree que es lo de la renta básica es una medida populista?
No hay más respuestas a la pregunta
Rosana Pérez Fernández

¿No cree que es lo de la renta básica es una medida populista?


Prezado Juan Carlos:

Antes de nada, pídoche desculpas porla tardanza na miña resposta pero, ata hoxe mesmo, tiña moitos problemas para entrar na miña ficha en "Osoigo e poder respostar.

En canto á túa pregunta, decirche que a Renda Básica, tal e como a están propoñendo e publicitando algúns ten, efectivamente, tintes populistas e efectistas.

En todo caso, o BNG  cre -á vista dos alarmantes datos de desemprego,  de pobreza e de persoas que amosan ter serias dificultades para chegar a fin de mes- que non é de recibo que os distintos Gobernos sigan cos brazos cruzados e non se tomen medidas urxentes, sobre todo no ámbito da exclusión social e, nomeadamente, da pobreza infantil.

O óptimo sería que as medidas principais fosen encamiñadas á creación de emprego e, paralelamente, se artellase un sistema público de inclusión que garanta unha renda mínima que permita vivir en condicións dignas a toda a cidadanía. O BNG aposta pola Renda de Garantía Social, baseada fundamentalmente en que ningunha persoa entre en risco de exclusión, que non se identifique renda social con marxinalidade e que se desenvolvan as medidas preventivas necesarias para evitar situacións de exclusión social.

Evidentemente, de nada valerían estas políticas sociais si non van acompañadas das correspondentes en materia de emprego, de vivenda, enerxéticas (pobreza enerxética) e de dotación de recursos humanos e económicos nos servizos sociais. Claro, todo isto vai xusto na dirección contraria do que se ven facendo por parte do Goberno nos últimos anos en aras á estabilidade orzamentaria e ao "sacrosanto" cumprimento do déficit.

Moitas grazas pola túa pregunta, que agardo vexas cando menos aclarada, nesta miña resposta.


 Compartir
Rosana Pérez Fernández
 Pregunta ¿No cree que es lo de la renta básica es una medida populista?

Me parece una forma fácil de ganar votos planteando algo irreal que desajustaría toda la economía del país.

Enviada por
Usuario Anónimo Usuario Anónimo
13 de 10 Apoyos
25.09.2014

Únete a Osoigo

¿Eres político y estás interesado en participar en Osoigo?

Contacta con nosotros