¿En caso de implantar una renta básica, la gestionaría el estado o las autonomías?
No hay más respuestas a la pregunta
Rosana Pérez Fernández

¿En caso de implantar una renta básica, la gestionaría el estado o las autonomías?


Prezada Sara:

Desculpa a miña tardanza en respostarche pero tiña, ata hoxe mesmo, moitos problemas para entrar na miña ficha en "Osoigo" e poder respostar.

En canto á túa pregunta, xa neste momento as competencias en Servizos Sociais son exclusivas das Comunidades Autónomas. Polo tanto, a xestión  do que o BNG denomina RENDA DE GARANTÍA SOCIAL, debera corresponderlles a elas.

Si se dera o caso de que o Goberno do Estado a aprobara, habería que ver de qué Ministerio dependería (Emprego, Economía, da Presidencia, de Servizos Sociais), porque isto podería determinar de quen sería a competencia.

En canto a Galiza, o BNG aposta por unha Renda de Garantía Social. Considerámola máis realista na súa concreción práctica no curto prazo que a Renda Básica tal e como se está entendendo. A Renda de Garantía Social tería que estar baseada na universalidade (de forma que ningunha persoa entre en risco de exclusión), na normalización (ningunha Renda Social pode identificarse en ningún caso coa marxinalidade) e na prevención (deben desenvolverse as medidas necesarias para evitar situacións de exclusión social).

A finais do pasado ano, o Parlamento Galego aprobou a Lei de Inclusión Social de Galiza á que o BNG presentou emenda á totalidade e emendas parciais para que se recollese a Renda de Garantía Social. O partido no Goberno, o PP, con maioría absoluta, rexeitou as nosas emendas.

Entendo que Galiza, ao igual que outras Comunidades, podería pagar a Renda de Garantía Social si o Estado non lle tivese recortado nos últimos anos miles de millóns de euros  no ámbito dos Servizos Sociais e, dende logo, si o modelo de de financiación autonómica actual se modificase, tal e como leva solicitando o BNG dende hai anos,  e, entre outras moitas cousas, a recadación e distribución dos impostos non estivesen centralizada en Madrid.

Moitas grazas pola túa pregunta e agardo que a miña resposta axude a aclarar as túas dúbidas.

 


 Compartir
Rosana Pérez Fernández
 Pregunta ¿En caso de implantar una renta básica, la gestionaría el estado o las autonomías?

Desconozco a quién corresponderia la gestión de la misma. Pero de todas formas, ¿Cree que Galicia sería capaz de pagar una renta básica a todos sus ciudadanos?

Enviada por
Usuario Anónimo Usuario Anónimo
13 de10 Apoyos
25.09.2014

Únete a Osoigo

¿Eres político y estás interesado en participar en Osoigo?

Contacta con nosotros