¿Cando vai investigar os posibles delitos de omisión de axuda acontecidos nas residencias galegas durante a pandemia?
No hi ha més respostes a la pregunta
Marina Ortega Otero

Galicia ten 790 razóns para investigar o acontecido nas residencias de maiores


Dende o PsdeG solicitamos mediante todas as vías regulamentarias os datos de falecementos por Covid-19 por cada centro de atención residencial, sen obter resposta por parte do goberno galego do Partido Popular. Ademáis solicitamos un informe investigador para coñecer con exactitude qué tipo de restriccións executou cada centro, se existiron confinamentos por habitación, cántas horas ao día, e durante cantas semanas entre outras cuestións.  É urxente coñecer esta información porque dende o PSdeG reiteramos unha proposta clave dende o principio: Elaborar un protocolo de evacuación de TODOS os casos positivos a centros intermedios ou hospitais, primeiro, porque é unha cuestión de saúde pública recomendada por expertos do sector, e segundo, porque é unha fórmula preventiva que evitaría gromos masivos, contaxios e restriccións duras no resto de residentes. Galicia xa tiña antes da Covid un problema, un selo propio na xestión do goberno galego nas residencias de maiores, xa que é unha das CCAA líder na porcentaxe de prazas residenciais privadas e a segunda CCAA que menos inspectores dependentes de Política Social ten para supervisar o cumprimento da normativa nestes centros.  E esa é unha fórmula perigosa: 

+ prazas residenciais privadas  - inspeccións = libre albedrío no cumprimento da normativa. 

O FUTURO DEBE CAMIÑAR CARA A UN NOVO MODELO DE COIDADOS QUE IMPULSE O RESTO DE RESCURSOS RECOLLIDOS NA CARTEIRA DE SERVIZOS E LIBRANZAS DA CHAMADA LEI DE DEPENDENCIA, E DENTRO DO MESMO O NOVO MODELO RESIDENCIAL NUN CONTEXTO MÁIS HUMANIZADO, CON MÁIS RECURSOS E CONTROL DA NORMATIVA.


 Compartir
Marina Ortega Otero
 Pregunta ¿Cando vai investigar os posibles delitos de omisión de axuda acontecidos nas residencias galegas durante a pandemia?

Grazas, bo día

Enviada per
Fermín García Fermín García
10 de 10 Apoyos
19.05.2021

Uneix-te a Osoigo

Ets polític i estàs interessat en participar a Osoigo?

Contacta amb nosaltres